EZARO ALBUMES VIDEOS CASCADA FESTAS FORO WEBCAM  
  RANDOM OFF
 
REFRESH

CASCADA

     Cascada do Xallas, as augas do Olimpo

     Un dos elementos característicos de la xeografía dó Ezaro é a sua Cascada .
    O río Xallas chega ó mar tras percorrer 64 kilómetros desde o seu nacemento en Monte Castelo a 440 mtrs. de altitude (e pasa polos concellos de Coristanco, Santa Comba, A Baña, Zas, Mazaricos e Dumbría). No último tramo alcanza un 11% de pendente, encaixonado no mítico monte Pindo e finalmente desemboca nunha gran caída de máis de 30 mtrs. Este espectáculo natural e incomparable sempre acaparou a atención dos que a comtemplan.

A Cascada do Ezaro é un regalo para os sentidos.            Si estas escoitando a musica pulsa aqui antes de ve-lo video
Impresionantes formas nas rochas atraen a miles de curiosos.
     * Así, nun documento do 1724 léese que “a Cascada orixinaba tanta escuma que formaba densísimas nubes útiles ós navegantes, que a distancia de moitas leguas recoñecíanas, para non dubidar da costa na que se atopaban”.
     *
Sorprendeu a Murguía co seu “bronco rumor da corrente que se despeña desde a altura, un dos máis fermosos espectáculos que poidan presenciarse en Galicia.” Tal e como el mismo o describíu.
     * Fai máis de medio século, Otero Pedrayo escribiu na sua Guía de Galicia que “a desembocadura do río Xallas ó pé do Monte Pindo, forma unha das paisaxes de maior emoción de Galicia".
     * Padre Sarmiento no seu libro “ Viaxe a Galicia” do 1745 describe a impresión que lle causou a desembocadura do río Xallas no Ézaro en forma de Cascada e refierese ó “pozo de inmensa profundidade que forman as auguas, levantando como un monte de escuma”.
     Ese pozo recibe hoxe o nome de Coadoiro, e alcanza os 16 metros de profundidade , repleto de lexendarias historias; desamores de princesas, poderes sobrenaturais, encantamentos, ritos e embruxos.

     A historia recente da Cascada do río Xallas no Ézaro é a crónica dun extraordinario fenómeno natural o que lle deron morte e logo resucitou. A beleza da caída que traza o Xallas no momento da sua desembocadura no Atlántico foi probablemente única en todo o Vello Continente.
     A construcción de un embalse auguas arriba en 1986 foi durante anos unha barreira que impedíu ver a Cascada de forma natural.

     En Agosto do ano 2000, tra-las movilizacións de colectivos da Costa da Morte (principalmente a Asociación Neria), a Xunta de Galicia e a central hidroeléctrica Ferroatlántica chegan a un acordo para abri-la presa durante determinadas horas da semana e permitir así retornar a Cascada nun estado "artificial" para disfrutar deste exclusivo espectáculo: A augua fluvial caía libre polas rochas graníticas hasta dar có océano, un feito que algúns colectivos non dubidaron en califica-lo como "esperpéntico" por tratarse de unha Cascada de "quita e pon".


  

O Tempo no Ezaro

ENQUISA


FOTO DO DIA

O TEU E-MAIL


CONTACTO

        ACTUALIDADE DA CASCADA DO XALLAS

     O 12 de Abril do ano 2011 (25 anos despois de que a presa hidroeléctrica sepultara o Xallas no seu último tramo), e baixo a presión dos grupos ecoloxistas nos pasados anos, sobre todo de "RIOS CON VIDA" devólveselle a Cascada a vida natural da que non gozou nas últimas décadas.
   Atrás quedaron as aperturas artificiais programadas de Festivos e fins de semana. A Cascada pódese disfrutar agora todo o ano a calquera hora do día.

    Este caudal ecolóxico de 2,23 metros cúbicos por segundo, o 10% do caudal medio do río, son suficientes para ver o auga desplomarse no "Coadoiro", (como así é coñecida a poza onde cae o Xallas), calquera día do ano; pero non para escoitar o atronador sonido que produce cando o líquido mana en grandes cantidades. Para iso recomendamos visita-lo Ezaro nos meses de máis choivas na zona (Outono e principalmente Inverno).

 

 

     Ao pasar polo Ezaro,
  fun ver baixar o Xallas,
  pasei por algun bote,
  e catro ou cinco chalanas.

     Canto máis me achegaba,
  camiñando a cascada,
  sentíase un ruido
  como si a terra falara:

     "¡vinde!¡vinde! visitantes
  de todos lugares do mundo,
  a verme caer en picado
  por este valle profundo"

   "non deixedes que me calen,
  non quero morrer sen fala,
  facede que solten auga
  pra voltar ser alabada."

                       Xusto Fisterra

     Disfrutar da cascada no seu estado máis natural en épocas de choiva:

     Sempre que chove en abundancia na Costa da Morte existe a posibilidade de ve-la Cascada de Ézaro en todo o seu esplendor, mellor incluso que as aperturas programadas de dúas horas durante o verano e certos días especiales do ano. Cando o último embalse do río Xallas, o de Santa Uxía, rebosa, a compañía propietaria, Ferroatlántica, abre as comportas e o augua flue voraz cara á fervenza do Ézaro , con un ruido bronco de fondo, como o que describen algúns escritores que se achegaron ata alí noutra época.
    O marxen de ser aperturas aleatorias, son aperturas moi difíciles de predecir.

    A Cascada do Ezaro é un regalo para os sentidos. As impresionantes formas das rochas atraen a miles de curiosos. Ante esta paisaxe, foi imprescindible conseguir que a iluminación conservara e incluso realzara o ambiente máxico na oscuridade da noite.
Click aqui para ver a web de Praia Do Ezaro Click aqui para ver a web de Cafe Bar A Cascada
Click aqui para ver a web de Praia de Quenxe Click aqui para ver a web de Marcos Rodriguez
Click aqui para ver a web de Casa de Sta Uxia Click aqui para ver a web de Carpinteria Fidel Castro
 

EZARO™ 2013                                                                                                                                                                                                        Acceso solo a administradores